![]() |
|
![]() |
||||||
O prazo de solicitude de acreditacións de prensa para Festival Alternavigo comezará o 26 de xuño e rematará o 14 de Xullo de 2008, non sendo aceptadas peticions fora de ese prazo. CÓMO OBTER UNHA ACREDITACIÓN PARA O FESTIVAL ALTERNAVIGO 2008 O QUE HAI QUE CUMPRIR PARA PODER OBTER ACREDITACIÓN PARA O FESTIVAL ALTERNAVIGO REQUISITOS OBRIGATORIOS - Para ser acreditado de prensa no Festival Alternavigo, soamente se atenderán peticións enviadas desde o mail habilitado para iso: prensa@alternavigo.com xunto co formulario correspondente. DESCARGAR FORMULARIO DE PRENSA AQUÍ - Non se acreditarán fotógrafos nin redactores por conta allea "freelance". Para poder optar á acreditación é obrigatorio pertencer ó cadro de persoal dalgún medio. - Cada medio dispón dun número máximo de adreditacións, fóra dese máximo ignoraranse as peticións. - Para optar ás acredtacións no Festival Alternavigo é requisito obrigatorio publicar información antes e despois do festival en noticias e reseñas. LIMITACIÓN DE ACREDITACIÓNS - No caso das radios e as webs, haberá un máximo dunha acreditación por medio. - No caso da prensa escrita, haberá un máximo de dúas acreditacións por medio, unha de fotógrafo e outra de redactor. Non se aceptarán dous redactores polo mesmo medio escrito. - No caso das televisións, haberá un máximo de tres acreditacións por medio. Un deles haberá de ser de redactor. - O número de fotógrafos permitido polas bandas e a organización do Festival AlternaVigo 2008 é limitado, polo que a organización verase obrigada a facer unha selección. CONCESIÓN DE ACREDITACIÓNS - FOTOGRAFÍA, REDACCIÓN E TELEVISIÓN: ditas acreditacións notificaránse por e-mail ós medios correspondentes. - RADIO, PÁXINAS WEB E PRENSA ESCRITA: ditas acreditacións notificaránse por e-mail ós medios correspondentes. Todas estas acreditacións permitirán o acceso a todos os concertos do Festival Alternavigo As acreditacións non poden garantir o feito de filmar ou non filmar o festival ó completo, debido a que as bandas teñen as súas propias cláusulas de imaxe e sempre haberá que acatar as decisións dos managers nas decisións ó respecto. Desde a organización do Festival Alternavigo avisarase mediante chamada telefónica ós acreditados para dar conformidade de acreditación e informar en que concertos poderán fotografiar e filmar. ENTREGA DE ACREDITACIÓNS Todos os medios acreditados poderán recoller o seu pase no espazo habilitado para iso no recinto ferial. ACLARACIÓNS Non haberá, en ningún caso, acreditacións para vehículos destinados á prensa. Ningunha acreditación concedida dará acceso a nada que non sexa do normal desenvolvemento do Festival. En ningún caso se podrá acceder ás zonas de organización (agás as destinadas para a prensa), camerinos, zonas VIP... Se nalgún momento algún acreditado incumprise todo o anteriormente citado, a organización poderá retirar a acreditación a dito medio. Agradecémosvos a todos a vosa colaboración para o correcto desenvolvemento da primeria edición do Festival Alternavigo. |
||||||||
|